Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

 6º PREMIO NEIRA VILAS 21A Fundación convoca cada ano o Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta para nenos e adolescentes. O seu obxectivo é o de estimular a creación literaria, fomentar a lectura en lingua galega e proporcionarlle a nenos e nenas, adolescentes e público en xeral obras de calidade que lles permitan achegarse ao engaiolante mundo da novela,

O galardón entrégase o 3 de novembro nun acto público na sede da Fundación Xosé Neira Vilas, en Gres (Vila de Cruces), coincidindo coa conmemoración do Día de Neira Vilas.

Este certame substitúe aos que se viñan convocando ata o 2015 en anos alternos: o Arume de Poesía e o Estornela de Teatro, ambos os dous pensados tamén para a infancia e a adolescencia.

 

DESCARGAR BASES

 

 

 

 

VOLVE O PREMIO ARUME: VERSOS PARA A INFANCIA

O Premio Arume de Poesía para a Infancia foi creado por Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda coa finalidade de apoiar a poesía infantil e que tivo a súa primeira edición hai xa vinte anos. Retómase agora como unha iniciativa conxunta entre GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil),  a empresa Deleite e a Fundación Xosé Neira Vilas

Premio Arume 2021

Foi, no seu momento, o único certame de poesía para a infancia en Galicia, feito que lle confería un brillo especial (e dúas décadas máis tarde continuaría a selo). Nel participaron escritores e escritoras consagradas, e tamén noveis.

No tocante a GÁLIX, sección galega da OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil) e representación do ámbito lingüístico galego no IBBY (International Board on Books for Young People), recolle entre as súas finalidades a “visibilización” do libro infantil e xuvenil en galego, e dentro deste obxectivo, o de promover aqueles xéneros que por diferentes razóns resultan “minorizados” no campo da edición comercial.

A poesía, dentro da literatura infantil, é un dos xéneros (xunto co teatro) que conta cun menor número de títulos publicados; por esta razón, GÁLIX tenta compensar este desequilibrio por medio de diferentes medidas que poidan servir de reforzo e patrocinio, facilitando así unha maior presenza da poesía e posibilitando un equilibrio necesario dentro do sistema literario galego.

Neste momento, a Fundación Xosé Neira Vilas e GÁLIX, suman esforzos para manter vivo o certame literario, xa que contan co patrocinio de Deleite, unha empresa galega recoñecida polo seu compromiso coa calidade do seu produto, mais tamén coa identidade do mesmo, coa lingua e coa cultura, coa nosa literatura, co noso cinema, co noso teatro, coa nosa música e con todas e cada unha das actividades e proxectos nos que a combinación sexa cultura / lingua galega – infancia / xuventude.  

Fundación Xosé Neira Vilas, GÁLIX e Deleite, propoñen a recuperación e continuidade do “Premio Arume de Poesía para a Infancia” e fano xustamente o 21 de marzo de 2021, Día da Poesía.

NA SEGUINTE LIGAZÓN PODERANSE DESCARGAR AS BASES DO PREMIO: BASES (Arquivo pdf)

Ao longo do seu percorrido, no premio Arume de poesía resultaron premiados os seguintes traballos e creadores:

Mencións: Rosalía Morlán Viéitez

                              A coitada lúa

                             María Canosa Blanco

                              A porta dos soños

Mencións: Iolanda Castaño

                              Verdedades

                             Alberto Calvín Corredoira

                               Flor de abruñeiro

Mencións: Antón Cortizas

                             Cando as follas voan

                             María Canosa

                             O libro dos medos que non o son

                              Xosé Luna Sanmartín

                            Versos e bicos

  • 2015. Soños de nenos de Mónica Inés Varela Gestoso.

 

 

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech