O obxectivo do certame é estimular a creación literaria, fomentar a lectura en lingua galega e proporcionar ao público infantil, xuvenil e adulto obras de calidade que o acheguen aos mundos da ficción e a imaxinación da novela.
O premio entrégase cada 3 de novembro, coincidindo co aniversario do nacemento de Xosé Neira Vilas, unha efemérede que, ademais, deu lugar a que, a partir do 2021, sexa considerado como Día do Lector e da Lectora no Calendario da Lectura
Obras gañadoras
2016: Diario de Brian, o chinés, de David Daniel Vázquez Álvarez
2017: O home de negro, de An Alfaya
2018: Detrás dos perdidos, de Pedro Rielo
2019: Esca, de Antonio Piñeiro
2020: A conxura, de Diana Varela
2021: Off the record, de Virxilio Rodríguez
2022: Cristais rotos, de Álvaro Domínguez
2023: Nove lúas, de Liones Rexes