Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

O vindeiro domingo, 26 de febreiro, ás 17:00 horas terá lugar unha nova edición dos Encontros Literarios en Gres. Desta volta, contaremos coa presenza do dramaturgo Carlos Labraña, recentemente galardoado co Premio SGAE de Teatro Infantil polo texto Mambrú volveu da guerra. A conversa será conducida por Montse Pena Presas, profesora de Didáctica da Lingua e da Literatura da Universidade de Santiago de Compostela, crítica literaria e comisaria da exposición "Unha árbore de historias. Cen anos de literatura infantil e xuvenil", que se pode visitar aínda na Cidade da Cultura. 

Carlos Labraña


Carlos Labraña conta cunha traxectoria consolidada no eido da dramaturxia infantil, que o fixo merecedor, entre outros galardóns, do Premio Estornela da Fundación Xosé Neira Vilas por Teatro de xoguete (2010) e A pequena compaña (2014).

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech