Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

O vindeiro sábado 28 de xaneiro ás 17:00 horas acollemos na sede da Fundación Xosé Neira Vilas un encontro co profesor Xesús Alonso Montero.

A charla, na que tamén intervirán o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, xirará ao redor da correspondencia que o autor de Gres mantivo con persoeiros da cultura galega tales como Francisco Fernández del Riego, Manuel María, Ramón Piñeiro, Celso Emilio Ferreiro ou Isaac Díaz Pardo, entre outros. A parte musical do evento estará a cargo de Manoele de Felisa.

 

Este encontro enmárcase nos traballos que se están a levar a cabo para a edición do epistolario entre Neira Vilas e o propio Alonso Montero, que agardamos vexa pronto a luz da man da editorial Galaxia.

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech