Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech
Francisco Antonio Vidal Blanco, gañador do Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia 2024

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

A escritora Antía Yáñez protagonizará o domingo 26 de xaneiro a partir das 17.00 horas o terceiro dos Encontros Literarios organizados desde 2019 pola Fundación Xosé Neira Vilas na súa sede en Gres. O faladoiro vai estar conducido por Pilar Sampedro, membro do padroado da fundación e experta en literatura infantil e xuvenil. Estas xornadas pretenden dar a coñecer as obras de autoras e autores da literatura galega e así mesmo explorar a influencia que tivo nelas a de Xosé Neira Vilas.

encontro AntiaYanez 26012020

 

Aínda que estudou enxeñería de Camiños, Antía Yáñez Rodríguez (Burela, 1991), xestiona unha academia en Cecebre (Cambre), onde imparte obradoiros de escritura para rapazas e rapaces, compaxinando esa actividade coa literaria.

Entre os premios outorgados á súa obra cóntanse o Certame de Microrrelatos Lonxa Literaria de Moaña (2013); o Premio de Relatos Curtos Os Viadutos de Redondela (2014 e 2017); o Certame Literario de Poesía e Narración Breve de Cambre (2016); o premio Illa Nova coa novela Senlleiras (2018) e o Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, pola obra Plan de rescate (2019).

O misterio de Portomarín (2016) foi a súa primeira novela publicada, seguida pola premiada ‘Senlleiras’ (2018), O misterio do torque de Burela (2019) e Be Water (2019).

PROMOCIÓN DA LITERATURA

A sede da Fundación, casa natal de Xosé Neira Vilas e que acolle o Centro Cultural de Gres, continúa, con este novo acto, coas tarefas de difusión e promoción da obra do autor das Memorias dun neno labrego que se concretan a través das actividades culturais desenvolvidas durante todo o ano.

Entre elas figuran os Encontros Literarios, destinados a dar a coñecer a obra de autoras e autores novose a súa relación coa obra de Xosé Neira Vilas. Lois Alcayde e Rosa Aneiros protagonizaron os dous eventos anteriores.

Premio de Novela Curta - Día Neira VIlas
Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech