- Detalles
Ramón D. Veiga, por Parapluie, e Manuel López Rodríguez, por A flor da letra, recolleron o 17 de decembro en Santiago os galardóns do Premio Arume de Poesía para a Infancia que promoven conxuntamente a Fundación Xosé Neira Vilas, a asociación GÁLIX e a empresa Deleite. Os libros premiados nesta edición serán editados por Edicións Embora.

- Detalles
A Editorial Galaxia acaba de reeditar tres novelas de Xosé Neira Vilas: Remuíño de sombras e Camiño bretemoso, que pasan a formar parte da Biblioteca Neira Vilas e De cando o Suso foi carteiro, que se integra na colección infantil e xuvenil da editora viguesa, Árbore.

En Camiño bretemoso, obra publicada por primeira vez en 1967, o escritor de Gres aborda un tema que coñece de primeira man, a emigración. Nesta novela, un vello emigrante fai reconto do que lle sucedeu na súa vida perante un interlocutor que non intervén, pero que permite imaxinar este monólogo como un diálogo.
- Detalles

- Detalles

- Detalles
O vindeiro 3 de Novembro celébrase o Día de neira Vilas. Dende as 17.00 h farase unha lectura continuada de Memorias dun neno labrego ata ler o libro enteiro na sede da Fundación.

Páxina 9 de 14