Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

O 15 de novembro remata o prazo para a recepción de orixinais que concorran a esta terceira edición do Premio Arume de Poesía para a Infancia, que organizan conxuntamente a Fundación Xosé Neira Vilas, GALIX e Deleite. O galardón conta cunha dotación de 1000 euros e será publicado por Edicións Embora. As obras candidatas, de temática libre e acaída para un publico infantil e xuvenil, terán unha extensión mínima de 350 versos e poderán conformar un só poema ou un grupo de poemas. A entrega do premio terá lugar o 13 de decembro de 2024.

Premio Arume 2021

Na edición anterior foi premiada a proposta Versos (a)variados, de Pablo Nogueira, namentras que na de 2022 concedéuselle o galardón á obra Os versos da Mariola, de Antón Cortizas.

Os versos da mariola, poemario de Antón Cortizas inspirado nun bo feixe de xogos tradicionais, dispón xa dunha unidade didáctica á que pode accederse dende a páxina web da Embora Edicións.

os versos da mariola

Este libro, galardoado no seu día co Premio Arume de Poesía para a Infancia que promove a Fundación Xosé Neira Vilas conxuntamente con Deleite e GÁLIX, expándese agora cara esta nova proposta que permite seguir afondando nos misterios e a beleza da poesía, co foco posto na dimensión lúdica que se acada alí onde se xuntan os xogos e os versos.

Os dedo e o monstro, de Francisco Antonio Vidal Blanco, acaba de ser recoñecida co Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia 2024, un galardón convocado anualmente pola Fundación Xosé Neira Vilas co apoio da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia co obxectivo de lembrar e honrar a figura de Anisia Miranda.

Francisco Antonio Vidal Blanco Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia 2024

A Fundación Xosé Neira Vilas convoca a terceira edición do Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia co apoio da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia. Lógrase, deste xeito, atender a unha certa carencia que se viña observando no sistema literario galego no tocante a certames que impulsaran a creación de textos dramáticos para os nenos e nenas.

medalla anisia premio

Os orixinais, escritos en lingua galega, terán un máximo de 30.000 caracteres e deben enviarse ao enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., seguindo as indicacións contidas nas bases para asegurar o anonimato das propostas. O prazo para o envío remata o 15 de abril e o acto de entrega terá lugar o 25 de maio.

Xa temos gañador do Premio Arume de Poesía para a Infancia: "Versos (a)variados", de Pablo Nogueira Campo
 
O xurado, composto por David Cortizo Conde, presidente de GALIX, Rosalía Morlán e Pilar Sampedro, en representación ambas da Fundación Xosé Neira Vilas, destacou a creatividade no uso e dominio do rexistro musical, o emprego de múltiples recursos lingüísticos e literarios, que, tal que se dun xogo se tratara, inclúe onomatopeias, caligramas, trabalinguas, palíndromos ou anáforas, como tamén dun variado acompañamento gráfico e icónico.
 
 Pablo Nogueira Campo
 
A entrega terá lugar o 15 de decembro ás 19.00 h. no Auditorio Neira Vilas, da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.
 
O Premio Arume é unha iniciativa conxunta da Fundación Neira Vilas, a empresa Deleite e GÁLIX - Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, con Edicións Embora como empresa editora dos libros premiados.
Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech