Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

Amigos e amigas da Fundación

Facerse Amigo/a da Fundación Xosé Neira Vilas supón estar informado con regularidade das actividades que leva a cabo a nosa entidade. E supón, asimesmo, establecermos unha cooperación que faga posible un mellor espallamento da figura e a obra de Neira Vilas e de Anisia Miranda. Por iso solicitamos que se sabes dalgunha entrevista, reportaxe, artigo de divulgación ou de investigación, nolo fagas saber para tentar así de arriquecer o máis posible o noso arquivo.

Para facerte amigo/a da Fundación Xosé Neira Vilas só tes que acceder á Tenda de Neira Vilas, o Punto de encontro de Amig@s e Protector@s da Fundación. Se tes algunha dúbida podes enviarnos un correo electrónico a este enderezo: fEste enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

 

COLABORA

Faite Amiga ou Amigo da Fundación e si fas unha doazón dun mínimo de 50 euros, agasallámoste co regalo dun libro de Xosé Neira Vilas.

NON ESPERES MÁIS, para facerte amigo/a da Fundación Xosé Neira Vilas só tes que acceder á Tenda de Neira Vilas, o Punto de encontro de Amig@s e Protector@s da Fundación

 

Razóns para colaborar

A Fundación Xosé Neira Vilas é unha fundación privada sen ánimo de lucro constituída en Santiago de Compostela o 27 de maio de 1993 por iniciativa do propio Xosé Neira Vilas e a súa dona Anisia Miranda.

Máis de 30 anos despois, esta institución –que non recibe financiamento público regular que asegure o seu mantemento anual nin o seu futuro– quere reafirmarse na súa independencia económica e cultural e no apoio das xentes comprometidas co país e coa súa cultura e aínda que na actualidade temos unha taxa de autofinanciamento do 75%, cómpre percorrer camiño na procura dun mellor servizo a prol da difusión do legado de Xosé Neira Vilas e de Anisia Miranda.

Por que colaborar coa Fundación Xosé Neiras Vilas?

  • Para asegurar o seu presente e, sobre todo, o seu futuro 
  • Para seguir avanzando na mellora das súas instalacións, da súa xestión e dos seus servizos
  • Para mellorar e ampliar a súa programación cultural
  • Para promover e facilitar a investigación sobre Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda
  • Porque a Fundación non só coida o legado de Neiras Vilas e Anisia Miranda, xa que tamén son un referente cultural en todo o país
  • Porque a Fundación é unha fonte de riqueza cultural, social e económica para Galicia e, en particular, para Vila de Cruces
  • Porque hai que coidar as cousas que nos importan

Actividades principais da Fundación

  • Museo Etnográfico
  • Biblioteca
  • Premio Arume de poesía
  • Premio Anisia Miranda de teatro
  • Premio Xosé Neira Vilas de novela curta
  • Encontros literarios en Gres
  • Revista "Caderno de Gres”

 

Tratamento fiscal das doazóns

As cantidades doadas ou satisfeitas ás entidades e institucións previstas na Lei 49/2002 que se destinen á realización e desenvolvemento de actividades e programas prioritarios de mecenado, terán dereito a unha dedución de:

    Base da dedución, importe ata                           Porcentaxe da dedución

                 Até 150 euros                                                           80%

                 Resto base de dedución                                             35%

O 35% no caso de persoas xurídicas.

Ademais, se nos dous períodos impositivos inmediatos anteriores realizáronse donativos, doazóns ou achegas con dereito a dedución a favor dunha mesma entidade por importe igual ou superior, en cada un deles, ao do exercicio anterior, a porcentaxe de dedución aplicable á base da dedución a favor desa mesma entidade que exceda de 150 euros será do 40 por cento.

Límite: A base da dedución destes donativos, non poderá exceder do 15 por 100 da base liquidable.

Cumprimentación: Deberá reflectir o importe das cantidades doadas na casa "G" do Anexo A.1 da declaración do seu IRPF.

Exemplo:

Si fago unha doazón de: 100,00€  
 Podo deducir no IRPF:  80,00€  
 Polo tanto só me custa:   20,00€  

Para ter dereito a estas deducións A Fundación Xosé Neiras Vilas acreditará a efectividade da  doazón  mediante  certificación.

 

Máis información na AEAT:

https://sede.agenciatributaria.gob.es/Sede/gl_es/manuales/ejercicio-2017/modelo-100/9-cumplimentacion-irpf-anexo/9_4-deducciones-donativos-otras-aportaciones/9_4_1-aportaciones-actividades-prioritarias-mecenazgo.html

 

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech