CONVOCADO O PREMIO ARUME DE POESÍA PARA A INFANCIA
- Detalles
A Fundación Xosé Neira Vilas, en colaboración con Deleite e GALIX, convoca esta nova edición do Premio Arume de Poesía para a Infancia. As obras que opten a este galardón deberán contar cun mínimo de 350 versos, e poderán formar un único poemario ou un grupo de poemas. A diferencia de edicións anteriores, os orixinais enviaranse por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., a través dunha conta de correo que garanta o anonimato do autor ou autora. Este envío deberá incluír dous arquivos: a obra propiamente dita nomeada cun lema e un segundo arquivo, nomeado como "plica", no que figuren os datos identificativos do autor ou autora, xunto cunha breve nota biográfica.

XOSÉ NEIRA VILAS, AUTOR DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2027
- Detalles
Dende a Casa do Romano, en Gres, a Fundación Xosé Neira Vilas quere trasladar á Real Academia Galega o cordial sentimento de gratitude pola decisión de homenaxear ao autor de Memorias dun neno labrego no Día das Letras Galegas 2027.
Mentres agardamos que chegue 2027, seguimos a celebrar o ano de Begoña Caamaño, unha escritora nova que, ao igual que Neira tamén fixo todo o posible pola lingua e a cultura do país, dende a literatura, o xornalismo e a reivindicación social.
Asumimos con agrado aquilo que para a nosa entidade acada unha nova dimensión: o compromiso e a responsabilidade. O compromiso no uso e defensa da lingua galega, que o autor de Gres mantivo durante toda a súa vida, que sempre practicou e que xa figura na dedicatoria daquel libro primeiro de 1961. A responsabilidade de traballar na salvagarda e a difusión do legado literario de Neira Vilas, e tamén de Anisia Miranda, a súa compañeira de vida, pero, sobre todo, a escritora e pedagoga que xenerosamente se uniu á causa da cultura galega e que, como cubana e castelanfalante, adoptou o galego na súa propia creación literaria.
Raquel Castro Martínez, Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia
- Detalles
Perdendo o norte, gaña a quinta edición do galardón convocado pola Fundación Xosé Neira Vilas en colaboracion coa Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia. O texto gañador destaca, en opinión do xurado, pola esmerada explotación dunha situación teatral maxistralmente construída e levada ata o absurdo. residente

O acto de entrega do galardón terá lugar na sede da Fundación Xosé Neira Vilas, en Gres, o 24 de maio ás 18:00 h., nunha xornada na que se presentará o libro premiado na edición de 2024: Os dedos e o monstro, de Francisco Antonio Vidal.


