- Detalles
O Premio Arume de Poesía para a Infancia foi creado por Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda coa finalidade de apoiar a poesía infantil e que tivo a súa primeira edición hai xa vinte anos. Retómase agora como unha iniciativa conxunta entre GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), a empresa Deleite e a Fundación Xosé Neira Vilas
Foi, no seu momento, o único certame de poesía para a infancia en Galicia, feito que lle confería un brillo especial (e dúas décadas máis tarde continuaría a selo). Nel participaron escritores e escritoras consagradas, e tamén noveis.
- Detalles
O día de Reis de 1961 saiu do prelo a primeira edición dun libro no que un neno afirmaba escribir nun caderno aquilo que ía observando e aprendendo da súa experiencia vital, na Galicia rural dos anos corenta do século pasado. 60 anos despois, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Fundación Xosé Neira Vilas, conmemorou esta data no auditorio que leva o nome do autor de Gres na Cidade da Cultura.
- Detalles
A novela A Conxura, o universo literario de Diana Varela Puñal e a influencia de Neira Vilas na súa experiencia no mundo das letras, centraron o encontro virtual que mantivemos coa autora gañadora da quinta edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta. Participaron o presidente da fundación, Fernando Redondo, e o membro do xurado, o crítico e investigador, Armando Requeixo.
- Detalles
A novelista, poeta e editora Diana Varela Puñal resultou gañadora da quinta edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta para nenos e adolescentes pola obra A conxura. A novela impúxose así a un total de quince orixinais que foron avaliados nesta ocasión por un xurado formado polos membros do membros do Padroado da Fundación Xosé Neira Vilas, Rosalía Morlán, Juan Andrés Fernández, e polo crítico Armando Requeixo.
- Detalles
Con motivo do Día das Escritoras, instituído pola Biblioteca Nacional, e coincidindo co undécimo cabodano de Anisia Miranda, a nosa fundación homenaxea á recordada Anisia cun feixe de vídeos que recollen anacos da súa creación literaria. Amigas e amigas da autora de Mitos e lendas de vella Grecia len poemas, contos ou fragmentos de pezas teatrais de quen tanto se ten ocupado da literatura para a nenez e a mocidade.
Páxina 8 de 11