Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

O prazo para a recepción de orixinais remata o 15 de abril e a entrega está prevista para o 17 de maio, no marco do acto literario que a fundación de Gres organizará con motivo do Dia das Letras Galegas. O obxetivo deste galardón é o de estimular a creación teatral e procurar textos que poidan seren representados por nenas e nenos.

medalla anisia premio

O vindeiro domingo, 26 de febreiro, ás 17:00 horas terá lugar unha nova edición dos Encontros Literarios en Gres. Desta volta, contaremos coa presenza do dramaturgo Carlos Labraña, recentemente galardoado co Premio SGAE de Teatro Infantil polo texto Mambrú volveu da guerra. A conversa será conducida por Montse Pena Presas, profesora de Didáctica da Lingua e da Literatura da Universidade de Santiago de Compostela, crítica literaria e comisaria da exposición "Unha árbore de historias. Cen anos de literatura infantil e xuvenil", que se pode visitar aínda na Cidade da Cultura. 

Carlos Labraña

O vindeiro sábado 28 de xaneiro ás 17:00 horas acollemos na sede da Fundación Xosé Neira Vilas un encontro co profesor Xesús Alonso Montero.

A charla, na que tamén intervirán o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, xirará ao redor da correspondencia que o autor de Gres mantivo con persoeiros da cultura galega tales como Francisco Fernández del Riego, Manuel María, Ramón Piñeiro, Celso Emilio Ferreiro ou Isaac Díaz Pardo, entre outros. A parte musical do evento estará a cargo de Manoele de Felisa.

O auditorio Neira Vilas da Cidade de Cultura foi o escenario esta tarde dun dobre acto literario organizado pola Fundación que leva o nome do autor de Memorias dun neno labrego: a entrega do premio Arume a Antón Cortizas polo poemario Os versos da Mariola. O autor galardoado non puido acudir á entrega por motivos de saúde e recolleu o premio no seu nome Miguel Toval, de Edicións Embora, que publicará o texto premiado. Por outro lado, tivo lugar a presentación dos libros premiados na edición de 2021: Violeta Parapluie, de Ramón D. Veiga, e A flor da letra, de Manuel López Rodríguez, gañadores da edición anterior.

entrega premio arume 2022

O premio Arume, o único en Galicia dirixido especificamente á infancia, é unha iniciativa conxunta da Fundación Xosé Neira Vilas, a empresa Deleite (do grupo Leite Noso), unha empresa galega recoñecida polo seu compromiso con todas e cada unha das actividades e proxectos vencellados á cultura e a lingua galega, e GÁLIX, sección galega da OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil) e representación do ámbito lingüístico galego no IBBY (International Board on Books for Young People).

Os versos da mariola reivindica o xogo tradicional a través da poesía, unha sorte de brincadeira coa palabra poética como vehículo para achegarse a un encontro entre a rapazada, máis alá da tecnoloxía ou as pantallas que predominan no tempo de vagar da infancia de hoxe en día. Trátase dunha proposta lúdica, atraínte por orixinal e pola riqueza da linguaxe. Así o salientou o xurado, composto por Xosé Antonio Perozo, presidente de GALIX, Rosalía Morlán e Pilar Sampedro, en representación, ambas as dúas, da Fundación Xosé Neira Vilas. O Premio Arume é unha iniciativa conxunta da Fundación Neira Vilas, a empresa Deleite e a asociación GALIX, con Embora como empresa editora dos libros premiados. A entrega do premio terá lugar no auditorio Xosé Neira Vilas da Cidade de Cultura o 16 decembro ás 18.00 h.

foto Anton Cortizas

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech