Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

A Fundación Xosé Neira Vilas, cn colaboracón coa asociación GALIX e a emprea Deleite, convoca unha nova edición do Premio Arume de Poesía para a Infancia. O 15 de novembro remata o prazo para a recepción de orixinais que concorran a esta cuarta edición. O galardón conta cunha dotación de 1000 euros e será publicado por Edicións Embora. As obras candidatas, de temática libre e acaída para un público infantil e xuvenil, terán unha extensión mínima de 350 versos e poderán conformar un só poema ou un grupo de poemas. A entrega do premio terá lugar o 12 de decembro de 2025.

Premio Arume 2021

 O Premio Arume de Poesía para a Infancia súmase aos que xa convoca a entidade de Gres: o Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia e o Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil, conxuntamente coa Editorial Galaxia. O Arume de Poesía fora creado por Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda coa finalidade de apoiar a poesía infantil e que tivo a súa primeira edición hai máis de vinte anos. Foi, no seu momento, o único certame de poesía para a infancia en Galicia, feito que lle confería un brillo especial (e dúas décadas máis tarde continuaría a selo). A poesía, dentro da literatura infantil, é un dos xéneros (xunto co teatro) que conta cun menor número de títulos publicados. Búscase, daquela, compensar este desequilibrio que, co reforzo do patrocinio, facilite unha maior presenza da poesía dentro do sistema literario galego.

Nesta nova etapa, a Fundación Xosé Neira Vilas e GÁLIX, suman esforzos para manter vivo o certame literario, xa que contan co patrocinio de Deleite, unha empresa galega recoñecida polo seu compromiso coa calidade do seu produto, mais tamén coa identidade do mesmo, coa lingua e coa cultura. No tocante a GÁLIX, sección galega da OEPLI e representación do ámbito lingüístico galego no IBBY (International Board on Books for Young People), lembremos que entre as súas finalidades a “visibilización” do libro infantil e xuvenil en galego.

As bases poden consultarse aquí

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech