Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

A Fundación Xosé Neira Vilas convoca, na súa oitava edición, o Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta para obras en lingua galega destinadas ao público infantil e xuvenil, e que está dotado con 1.000 euros e a edición do texto.

O prazo de presentación de orixinais está aberto ata o 9 de outubro de 2023 e estes deberán ser inéditos e ter un mínimo de 50 páxinas e un máximo de 150, mecanografados en letra Times New Roman de corpo 12 e a dobre espazo.

Banner Premio Xosé Neira Vilas 2023

O premio entregarase o 3 de novembro de 2023, coincidindo co aniversario do nacemento de Xosé Neira Vilas e co Día da Lectura.

As bases completas poden consultarse nesta ligazón:DESCARGAR AS BASES DO PREMIO

 Traballos premiados en anteriores edicións

Diario de Brian, o chinés, de David Daniel Vázquez Álvarez, foi a novela galardoada na primeira edición, unha historia protagonizada por adolescentes que viven experiencias que cambiarán as súas vidas. Na segunda edición, o premio recaeu en An Alfaya por O home de negro, unha sorprendente proposta metaliteraria e autorreflexiva coa que experimentar unha lectura altamente suxestiva.
O xornalista da TVG Pedro Rielo gañou a terceira edición con Detrás dos perdidos, un relato no que descubrir que a aventura e o misterio poden atoparse alí onde menos o agardamos. Esca, de Antonio Piñeiro, foi a obra galardoada na cuarta edición, unha novela que destaca pola súa ambición estética, a prosa lírica e riqueza léxica.
Diana Varela gañou coa A conxura, un relato que nos leva a territorios míticos explorados pola autora en obras anteriores cargados de misterio e fascinación. Off the record, de Virxilio, finalmente editada co título Fóra de rexistro, caracterízase pola eficiencia narrativa e a pulcritude estilística dunha historia que avanza, imparable, ata un sorprendente final.
A obra premiada na edición de 2022 foi Cristais rotos, da autoría de Álvaro Domínguez, que nos mergulla nas vivencias duns personaxes que beirean a traxedia.
Todos os libros premiados están a disposición de lectores e lectoras en Edicións Embora.

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech