Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

O galardón será entregado o 3 de novembro coincidindo coa conmemoración do Día de Neira Vilas, unha data na que tamén se celebra o Día do lector e da lectora no Calendario Escolar da Lectura

O “Premio Xosé Neira Vilas de novela curta” ten unha dotación económica de 1.000 euros, ademais da edición da obra galardoada. Os orixinais terán un mínimo de 50 páxinas e un máximo de 150, mecanografados en letra “Times New Roma”, corpo 12 e dobre espazo.

premio xese neira vilas 2022

Este certame busca estimular a creación literaria, fomentar a lectura en lingua galega e proporcionar ao público en xeral obras de calidade que lles permitan achegarse ao engaiolante mundo da novela.

DESCARGAR AS BASES DO PREMIO (PDF)

 Traballos premiados en anteriores edicións

Diario de Brian, o chinés, de David Daniel Vázquez Álvarez, foi a novela galardoada na primeira edición, unha historia protagonizada por adolescentes que viven experiencias que cambiarán as súas vidas. Na segunda edición, o premio recaeu en An Alfaya por O home de negro, unha sorprendente proposta metaliteraria e autorreflexiva coa que experimentar unha lectura altamente suxestiva. O xornalista da TVG Pedro Rielo gañou a terceira edición con Detrás dos perdidos, un relato no que descubrir que a aventura e o misterio poden atoparse alí onde menos o agardamos. Esca, de Antonio Piñeiro, foi o quinto galardoado, cunha novela que destaca pola súa ambición estética, a prosa lírica e riqueza léxica. Diana Varela gañou coa A conxura, un relato que nos leva a territorios míticos explorados pola autora en obras anteriores cargados de misterio e fascinación. Finalmente, Off the record, de Virxilio Rodríguez, foi a última obra gañadora, caracterizada pola eficiencia narrativa e a pulcritude estilística dunha historia que avanza, imparable, ata un sorprendente final.

Todos os libros premiados están a disposición de lectores e lectoras en Edicións Embora.

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech