Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

O obxectivo do certame é estimular a creación literaria, fomentar a lectura en lingua galega e proporcionar ao público infantil, xuvenil e adulto obras de calidade que o acheguen aos mundos da ficción e a imaxinación da novela.

O prazo de presentación de orixinais pecha o vindeiro 8 de outubro e o premio entregarase o 3 de novembro, coincidindo co aniversario do nacemento de Xosé Neira Vilas, unha efemérede que, ademais, deu lugar a que, a  partir deste 2021, sexa considerado como Día do Lector e da Lectora.

O galardón está dotado con 1000 euros e a publicación do traballo gañador a cargo de Edicións Embora.

neira vilas

 

Na pasada edición, o galardón foi para Diana Varela, autora de A conxura. En palabras do crítico literarios e membro do xurado que outorgu o premio, “frecuentar as páxinas desta novela é deixarse atrapar por personaxes hipnóticos, de absoluto fascinio”. Todo isto acompañado, a maiores, dun inconfundible selo humorístico.

Diario de Brian, o chinés, de David Daniel Vázquez Álvarez, foi a novela galardoada na primeira edición, unha historia protagonizada por adolescentes que viven experiencias que cambiarán as súas vidas. Na segunda edición, o premio recaeu en An Alfaya por O home de negro, unha sorprendente proposta metaliteraria e autorreflexiva coa que experimentar unha lectura altamente suxestiva. O xornalista da TVG Pedro Rielo gañou a edición de 2019 con Detrás dos perdidos, un relato no que descubrir que a aventura e o misterio poden atoparse alí onde menos o agardamos. A última obra galardoada foi Esca, de Antonio Piñeiro, un relato que evoluciona en espiral creando unha atmosfera e un clima de tensión narrativa, que destaca tamén pola súa ambición estética, prosa lírica e riqueza léxica.

Os cinco libros premiados están a disposición de lectores e lectoras en Edicións Embora.

 

DESCARGAR AS BASES DO PREMIO (PDF)

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech