Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

O xurado da cuarta edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta decidiu por unanimidade concederlle o galardón á obra “Esca” do autor Antonio Piñeiro. A sesión celebrouse no compostelán Pazo de San Roque e o xurado estivo integrado polos membros da Fundación Xosé Neira Vilas Juan Andrés Fernández, Rosalía Morlán, Pilar Sampedro e Fernando Redondo, así como polo crítico literario e profesor universitario Armando Requeixo.

[Imaxe: Fundación Neira Vilas] Xurado Premio Xosé Neira Vilas

 

Foto: SERMOS GALIZA

O xurado argumentou a súa decisión na calidade dun relato que evoluciona en espiral creando unha atmosfera e un clima de tensión narrativa. Destaca tamén pola súa ambición estética, prosa lírica e riqueza léxica; pola creación de personaxes poderosos e ben caracterizados e, en definitiva, por compoñer un relato aberto a diversas interpretacións cun final impactante e iluminador. O xurado tamén subliñou a alta participación nesta cuarta edición, que acadou os trece orixinais presentados, a máis alta dende que se creou o premio.

Antonio Piñeiro Fernández é un profesor, editor e escritor nado en Ribeira. Foi galardoado tamén cos Premios Torrente Ballester e o Premio de Novela García Barros, entre outros, e ten publicadas varias obras entre as que se atopan “A identidade fascinada”, “As fiandeiras” ou “A través do fume”.

O galardón será entregado o domingo 3 de novembro nun acto público na sede da Fundación Xosé Neira Vilas en Vila de Cruces (Gres) coincidindo coa conmemoración do Día de Neira Vilas. O premio está dotado con 1000 euros e a publicación do traballo seleccionado. O obxectivo deste certame, dirixido a público infantil e xuvenil, é estimular a creación literaria, fomentar a lectura en lingua galega e proporcionar obras de calidade ao público mozo que lle permitan achegarse ao engaiolante mundo da novela.

Traballos premiados en anteriores edicións

Brian, o chinés, de David Daniel Vázquez Álvarez, foi a novela galardoada na primeira edición, unha historia protagonizada por adolescentes que viven experiencias que cambiarán as súas vidas. Na segunda edición, o premio recaeu en An Alfaya por O home de negro, unha sorprendente proposta metaliteraria e autorreflexiva coa que experimentar unha lectura altamente suxestiva. O xornalista da TVG Pedro Rielo gañou a última edición con Detrás dos perdidos, un relato no que descubrir que a aventura e o misterio poden atoparse alí onde menos o agardamos. Os tres libros premiados están a disposición de lectores e lectoras en Edicións Embora.

 

 
 
Máis enlaces a medios de comunicación que se fixeron eco do fallo do xurado do IV Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta:

 

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech