Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

A Fundación Xosé Neira Vilas de Gres acaba de convocar a cuarta edición do seu certame no que se premiarán obras inéditas escritas en lingua galega, destinadas a un público xuvenil co propósito de estimular a creación literaria, así como a fomentar a lectura en galego entre o público máis novo a través de obras de calidade que o acheguen aos ficticios mundos que ofrece o ámbito da novela. O concello de Vila de Cruces colabora coa Fundación Xosé Neira Vilas nesta iniciativa.

 

O prazo de presentación permanecerá aberto ata o 11 de outubro, e durante este período, os interesados en participar, deberán enviar tres exemplares dos seus traballos, cunha extensión de entre 50 e 150 páxinas, á sede da fundación, situada en Gres, Vila de Cruces, onde un xurado deliberará cal ha de ser a obra galardoada. A entrega do premio realizarase o próximo 3 de novembro, coincidindo co aniversario do nacemento do autor de Memorias dun neno labrego. Estará dotado con 1.000 euros e a publicación do traballo a cargo da editorial Edicións Embora, que xa publicou os títulos gañadores nas tres anteriores edicións .

Premio 2019

DESCARGAR BASES 

 

 

FONTE: LA VOZ DE GALICIA

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech